Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 19 de xullo de 2012 pola que se notifica resolución do procedemento de recuperación de oficio da posesión de edificación situada na zona de servizo do porto de Santo Adrán de Cobres-Vilaboa (Pontevedra).

1. O 9 de febreiro de 2011 formalizouse entre a Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e o Mar e a entidade pública Portos de Galicia a ampliación da adscrición de terreos e lámina de auga no porto de Santo Adrán de Cobres.

Dentro da superficie de terra adscrita advírtese a existencia da edificación que se reflicte no plano anexo, edificación que pola súa situación ten carácter demanial e sobre a cal non existe constancia de título habilitante ningún que autorice a ocupación.

Solicitada información ao Servizo Provincial de Costas de Pontevedra e á Autoridade Portuaria de Vigo, resulta que ningunha desas administracións posúe documentación relativa a esta edificación.

2. Por resultaren descoñecidos os interesados na citada edificación, ao abeiro do artigo 10 da Lei 22/1988, de costas, do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o regulamento da entidade pública Portos de Galicia, e dos artigos 113, 114 e 123 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, no DOG número 107, do 6 de xuño de 2012, publícase Cédula do 22 de maio de 2012 pola que se inicia procedemento de recuperación de oficio da posesión da edificación de referencia. A dita cédula estivo igualmente exposta no taboleiro de edictos do Concello de Vilaboa desde o 29 de maio ata o 14 de xuño de 2012. Ambas as dúas cédulas se acompañaban de plano identificativo da edificación.

3. Rematado o trámite de audiencia por un prazo máximo de 15 días hábiles para formular alegacións e presentar os documentos ou xustificacións que se considerasen pertinentes, non existe constancia de que fose presentada alegación ningunha por parte de posibles interesados.

Polo exposto, de conformidade coas competencias conferidas polo artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 122 e 123 da citada lei, no artigo 10 da Lei 22/1988, de costas, de aplicación supletoria, e no artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o regulamento da entidade pública Portos de Galicia, e vista a proposta ditada no procedemento,

resolvo:

A recuperación da posesión da edificación que se reflicte no plano anexo.

A presente resolución, que esgota a vía administrativa e é inmediatamente executiva, pode ser impugnada na vía xurisdicional contencioso-administrativa nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da cédula no DOG ou ao da súa exposición no taboleiro de edictos do Concello de Vilaboa perante, a elección do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela, e sen que se admitan contra ela accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

missing image file