Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 16 de maio de 2012 polo que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario do porto de Vilanova de Arousa para a instalación de subministración de combustible a embarcacións (expediente 13-05-11-C-2).

O 25 de abril de 2012, o presidente de Portos de Galicia adxudicou a José Barros Cuervo o procedemento aberto (sistema multicriterio) para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Vilanova de Arousa para a instalación de subministración de combustible a embarcacións, segundo documentación técnica consistente no proxecto básico de instalación de subministración de combustible en Vilanova de Arousa, redactado polo enxeñeiro industrial Juan José Ventoso Pacheco en xaneiro de 2012, e a documentación relativa ás referencias técnicas da explotación.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web portosdegalicia.com

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia