Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de xullo de 2012 pola que se notifica a apertura do período de proba no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/46/2011, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A instrutora do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/46/2011, o 2 de xullo de 2012, acordou a apertura dun período de proba de oficio no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/46/2011, incoado polas obras realizadas en solo rústico, sen axustarse á autorización urbanística autonómica concedida no seu día, consistentes na rehabilitación e ampliación dunha edificación tradicional destinada a vivenda unifamiliar no lugar do Feal-Magalofes, no termo municipal de Fene, provincia da Coruña.

Ao non se poder realizar a notificación persoal deste acordo a Bruno Ardao Díaz, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística