Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 288/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I LMTS, CTS A Báscula.

Situación: concello de Arteixo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a CTC A Báscula, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,026 km, coa orixe en paso aerosubterráneo para realizar en apoio existente da LMT GRN-708, coincidente coa derivación aos CT particulares Arias Irmáns II e Arias Irmáns III, condutor RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×150 Al), e final no CTC A Báscula proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/200-230 V.

Saídas rede de baixa tensión subterránea de CTC A Báscula, cunha lonxitude de 0,013 km, en condutor tipo XZ1-0,6/1 kV, 4 (1×240 Al).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de xullo de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña