Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 2012/076-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997 do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Angel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: CTI San Fiz de Quión.

Situación: concello de Touro.

Características técnicas: liña eléctrica aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 40,4 metros, en condutor tipo LA-30/31,14 mm2, con orixe no apoio existente tipo HV 15/630 (coordenadas UTMX: 558.240; UTMY: 4.749.783) entroncamento LMT Millares-San Fiz de Quión (expediente IN407A 2002/247) e final en apoio existente tipo HVH 15/1600 correspondente ao inicio da RBT do CT San Fiz de Quión (expediente IN407A 2010/208) onde se instalará un novo centro de transformación (coordenadas UTMX: 558.278; UTMY:4.749.769), que substituirá o da caseta existente.

Centro de transformación (CT) intemperie, de potencia 100 kVA e relación de transformación de 20/0,4 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 12 de xullo de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas