Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica LMT Regueiro, no concello de Padrenda (expediente IN407A 2012/18-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U.

Domicilio social: rúa Coruña, 20, baixo, 36700 Tui.

Denominación: LMT Regueiro.

Situación: Padrenda.

Descricións técnicas: LMT aerosubterránea dobre circuíto con entrada e saída no CD Vilar (expediente 2011/07) a 20 kV, de 464,81 m en aéreo, con condutores LA-30, 56, 78, 110 e 346 m en subterráneo, con condutor RHZ1 12/20 kV, e con orixe no apoio HV1000/9 da liña xeral e remate no apoio HV 400/11 derivación a San Roque.

Orzamento: 89.063,01 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 9 de maio de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense