Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31474

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (328/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 328/2010 por instancia de Jaime Manuel Gil Farinha Peru contra a empresa Protecciones Angal, S.L. sobre cantidade, nos cales foi ditada sentenza en data 9.7.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido.

Estimar parcialmente a demanda interposta por Jaime Manuel Gil Farinha Peru contra Protecciones Angal, S.L. e, en consecuencia:

Condénase a empresa Protecciones Angal, S.L. a aboar ao actor a cantidade de dous mil trescentos trinta e catro euros con cinco céntimos de euro (2.334,05 euros).

Notifíquese a resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Protecciones Angal, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de xullo de 2012

O secretario xudicial