Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32172

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carral

ANUNCIO sobre información pública de licenza de actividade solicitada para picadeiro.

Roberto Ares Mosquera solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción dun picadeiro cuberto con 22 cortes anexas para cabalos e licenza de actividade que se instalará no lugar da Abrigosa, parroquia de Vigo. En cumprimento do disposto polo artigo 8, punto 3, do Decreto 133/2008, do 2 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por período de 20 días, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Carral, 1 de agosto de 2012

José Luís Fernández Mouriño
Alcalde