José Manuel Otero Brea presentou neste concello solicitude de licenza de obra para a ampliación de cortes de vacún, expediente 6918/12, no lugar do Souto-Busto, deste municipio de Lalín.
De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente de referencia durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e as persoas interesadas formulen as alegacións que consideren convenientes.
Lalín, 2 de agosto de 2012
José Crespo Iglesias
Alcalde

