A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do día 5 de xullo de 2012, aprobou inicialmente o estudo de detalle dun tramo da fronte marítima do peirao da vila de Mugardos, promovido polo Concello de Mugardos, redactado polos arquitectos Miguel A. Abad Blanco e Antonio Deus Álvarez, de data marzo de 2012.
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos de que durante o prazo de vinte (20) días, contado a partir da publicación do presente anuncio no DOG poidan formular as reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.
Suspensión de licenzas.
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do día 5 de xullo de 2012, acordou a suspensión de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para as áreas determinadas no devandito estudo de detalle. O que se fai público en cumprimento do artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Mugardos, 16 de xullo de 2012
Xosé Fernández Barcia
Alcalde

