Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32175

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública sobre construción de almacén e fosas de zurro.

José Iglesia Iglesia, en representación de SAT Rey de Miñotelo, solicitou desta alcaldía licenza municipal para almacén e fosas de xurro que se situará en Miñotelo (A Aguarda). Cumprindo o disposto no parágrafo 3, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

A Pastoriza, 31 de xullo de 2012

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde