Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32176

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pol

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza municipal para reforma de explotación de gando vacún.

Manuel Rubiños Muíña solicitou desta alcaldía licenza municipal para reforma de explotación de gando vacún de leite e legalización de silos en Xerbolés, Cirio, o que se somete a información pública de acordo co establecido no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de 20 días para os efectos de alegacións que os interesados consideren oportunas.

Pol, 24 de xullo de 2012

Lino Rodríguez Ónega
Alcalde