Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32177

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para a legalización de diversas instalacións gandeiras.

Gerardo Rodríguez Pombo solicita desta alcaldía licenza municipal para a legalización de establo, esterqueira e silo, en Calvor-Perros, polígono 56, parcela 231, deste concello, e en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo termo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante este poida examinarse o expediente, na Secretaría deste Concello, e se poidan formular as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 4 de xullo de 2012

José Antonio García López
Alcalde