Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 31934

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2012 pola que se convocan accións formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

A Administración pública en xeral e, en particular, a Administración de xustiza de Galicia debe contar cuns servizos áxiles, accesibles e próximos aos cidadáns, que dean resposta ás súas demandas e problemas.

Para cumprir este obxectivo, os empregados públicos son o principal activo e deben converterse no factor decisivo para lograr unha Administración máis doada, áxil e eficaz. Desde esta perspectiva, a Escola Galega de Administración Pública pretende potenciar a modernización, calidade e profesionalización da Administración a través da formación e o perfeccionamento dos empregados públicos.

O IV Acordo de formación para o emprego das administracións públicas, subscrito entre as organizacións sindicais representadas na Comisión Xeral de Formación para o Emprego das Administracións Públicas, sinala que a formación de todos os empregados públicos constitúe unha necesidade imprescindible para conseguir os obxectivos permanentes de eficacia e de modernización.

Unha vez aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2012 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo, convócanse os cursos de formación para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia do ano 2012, cuxas bases, características e contidos son detallados nos anexos desta resolución.

RESOLVO:

Publicar a convocatoria composta polos cursos que figuran no anexo II, que se deberán desenvolver segundo as bases, características e contidos detallados no anexo I desta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2012

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases para a participación nas accións formativas

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución:

a) Os empregados públicos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia, en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar.

b) Os membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado e deberase comunicar de inmediato esta incidencia á EGAP.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es

Terceira. Solicitudes

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <http://egap.xunta.es> e non serán admisibles outros modelos de solicitude. Faise recomendable facilitar conta de correo electrónico e teléfono móbil para enviar mensaxes ás persoas seleccionadas.

b) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

c) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao formulario de solicitude establecido ou sexan presentadas fóra de prazo.

d) Os solicitantes de cursos de teleformación deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Ordenador con conexión á internet.

– Calquera navegador web co plugin de flash.

– Conta de correo electrónico especificada na solicitude.

e) As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet http://egap.xunta.es/matrícula, unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

f) A documentación complementaria que acredite circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección remitirase xunto co formulario de matrícula, por fax ao número 981 54 63 39 ou correo electrónico ao enderezo <xestion.egap@xunta.es>, sen prexuízo do dereito á presentación de acordo co disposto no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A devandita documentación deberá presentarse dentro do prazo a que fai referencia a alínea h) desta base.

g) Deberá utilizarse exclusivamente unha das modalidades de remisión. No caso de encontrárense varias solicitudes dunha mesma persoa só serán considerados os datos achegados a través da internet.

h) O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ás 8.00 horas e rematará o 10 de setembro de 2012 ás 14.00 horas.

i) O número máximo de cursos que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a cinco.

j) Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando un alumno teña coñecemento de que foi seleccionado a un curso que teña coincidencia horaria con outro ao que xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas e o alumno non poderá participar noutros cursos durante o prazo dun ano desde que se detecte este feito.

k) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á EGAP a través do número de teléfono 981 54 62 46/981 54 62 57 ou fax: 981 54 63 39, ou do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Cuarta. Criterios de selección

a) Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG nº 7, do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto primeiro da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

De haber empate, desfarase de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo. Para o ano 2012, segundo a Resolución do 7 de febreiro de 2012 (DOG nº 31, do 14 de febreiro), empezarase pola letra «Z».

b) Aplicarase o criterio de non preferencia para aqueles solicitantes que nas convocatorias do ano 2011 incorresen nalgunha das incidencias que nelas se regulaban, como a renuncia fóra de prazo e o abandono non xustificados e a falsidade ou ocultación de datos persoais. Estes solicitantes só accederán ás actividades de quedaren prazas vacantes.

c) A EGAP poderá solicitar en calquera momento aos centros directivos dos cales dependan os solicitantes ou á xefatura de persoal da entidade correspondente documentación acreditativa da veracidade dos datos contidos na solicitude e, en especial, un informe acreditativo da adecuación do perfil do solicitante ao contido do curso nas accións formativas específicas.

d) Así mesmo, poderá ser solicitado o asesoramento dos profesores na materia dos cursos cando sexa conveniente para unha mellor selección e a homoxeneización do grupo de alumnos, para o que poderán ser establecidas probas previas de nivel.

e) No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos nalgún curso, poderá completarse o número de alumnos asignados a eles mediante a apertura dun novo prazo na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado e renuncias

a) A EGAP publicará no taboleiro de anuncios da súa páxina web http://egap.xunta.es unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas. Ademais, para unha maior difusión, será informado da súa selección a través do correo electrónico e mensaxaría telefónica quen facilite os seus datos na solicitude. As persoas que non figuren na relación non foron seleccionadas, porque ocupan un posto máis afastado na lista de reservas ou ben porque foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6 b) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) O persoal seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas xustificadas sempre que se acredite o feito alegado a través da documentación pertinente. A renuncia, xunto co documento acreditativo, debe ser comunicada por escrito á EGAP, por fax ao número 981 54 63 39 ou por correo electrónico a xestión.egap@xunta.es, cunha antelación de 3 días hábiles anteriores ao inicio do curso co fin de cubrir a vacante. A renuncia fóra de prazo ou non acreditar documentalmente a causa que a produce suporá a exclusión do seleccionado nas convocatorias durante o prazo dun ano contado desde a data de finalización do curso, de acordo co disposto na Resolución do 4 de xaneiro de 2008, pola cal se fan públicos os criterios de participación nas actividades docentes da Escola Galega de Administración Pública.

c) Non serán admitidos en ningún caso cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

Sexta. Asistencia aos cursos

a) Durante a realización das actividades formativas levarase un control permanente de asistencias a través dos sistemas que se establezan para o efecto en que os alumnos e profesores deben facer constar como incidencia as ausencias dentro de cada sesión. Isto implica que o persoal que participe nos cursos terá que anotar como incidencia a hora de chegada ou saída, no caso de non coincidir coa duración oficial do curso, para poder acreditar o tempo que faltou. De non facelo así e realizarse un control de asistencia extraordinario, perderá o dereito a recibir o certificado.

b) É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos. Unicamente poderá autorizarse a ausencia por causas xustificadas, que se acreditará documentalmente ante o servizo competente da EGAP ou a persoa responsable do curso nun prazo máximo de 10 días despois de que este finalice e que, en ningún caso, poderá superar o 10 % das horas lectivas. A ausencia aínda xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito á expedición do diploma.

c) A falta de asistencia dun número de horas superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou a falta de acreditación documental da causa alegada determinará non só a perda do dereito ao certificado acreditativo da participación no curso senón que os participantes poderán ser excluídos das convocatorias das actividades formativas da EGAP durante o prazo dun ano contado desde a finalización do curso.

Sétima. Realización de probas

a) Para poder superar os cursos, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final deste, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen ao comezo de cada acción formativa.

b) Para poder superar os cursos de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– Asistencia á sesión presencial de apertura, se a houber.

– Lectura detallada dos contidos do curso. Cada curso ten uns contidos teóricos que deben ser revisados na plataforma. En cada curso estimarase un tempo mínimo que será comunicado polas titorías ao seu inicio.

– Adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non presentación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

c) Ao inicio do curso publicarase na propia plataforma de teleformación o programa do curso que sinala as probas de avaliación que se establecen para esa actividade, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestes cursos as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Oitava. Certificados

Outorgaráselle o correspondente certificado de aproveitamento ao alumnado que supere cada unha das probas da actividade formativa.

Os/as profesores/as emitirán informe que indique a avaliación do alumnado para os efectos de obtención do certificado de aproveitamento e o declare apto ou non apto en función do resultado das probas.

Novena. Facultades da EGAP

a) A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e a xestión dos cursos e pode suprimir algún, ampliar novas edicións da programación ou programar outros cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Así mesmo, correspóndelle á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

b) A execución material das accións queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

c) No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

d) A EGAP poderá modificar o desenvolvemento e os contidos dos cursos, as datas e os lugares, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento dos cursos serán anunciadas na páxina web da escola.

ANEXO II
Teleformación

Código

Denominación

Horas

Destinatarios

Prazas

Edicións

Datas

Horario

Coñecementos transversais

FX12021

Violencia de xénero e familiar. Tramitación

30

Empregados públicos e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autonóma de Galicia.

50

T01

5.10.2012

5.11.2012

T02

25.10.2012

25.11.2012

Teleformación 

Outros

FX12015

A execución civil

25

2.10.2012

29.10.2012

24.11.2012

T03

31.10.2012

27.11.2012

Teleformación 

FX12016

Principais modificacións en materia de procedemento civil

15.10.2012

12.11.2012

FX12023

Módulo I: A lexislación social: principais novidades normativas

26.11.2012

Teleformación 

Específicas do sector competencial

FX12019

A execución penal. Análise das normas de aplicación. Guías de tramitación

9.10.2012

5.11.2012

Teleformación 

FX12020

Xulgados de garda e xulgados de instrución. Xestión do servizo de garda

Proceso de traballo

FX12028

Informática básica

FX12027

Certificado dixital

Presencial

Código

Denominación

Horas

Destinatarios

Prazas

Edicións

Datas

Horario

Específicas do sector competencial

FX12025

A valoración do dano corporal da patoloxía do ombreiro

12

Médicos forenses da Administración de xustiza de Galicia

30

Santiago de Compostela

22.112012

23.11.2012

16.30 ás 20.00 h

9.30 ás 14.00 h

16.30 a 20.00 h