Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32421

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 30 de xullo de 2012 pola que se clasifica de interese para a investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico na xestión da auga a Fundación Centro Gallego de Investigaciones del Agua.

Examinado o expediente de solicitude de clasificación da Fundación Centro Gallego de Investigaciones del Agua con domicilio no Edificio Emprendia, s/n, Campus Vida, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Feitos:

1. Mariano Julio Gómez López, director da fundación, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Centro Gallego de Investigaciones del Agua foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela (A Coruña), o 16 de novembro de 2011, ante o notario Nelson Rodicio Rodicio, co número de protocolo 2.637, pola Universidade de Santiago de Compostela; a Sociedade Aquagest Promoción Técnica y Financiera de Abastecimiento de Agua, S.A.; a Axencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas, e a Entidade Sociedad General de Aguas de Barcelona, S.A.

Esta escritura foi emendada por outra, outorgada en Padrón (A Coruña), o 4 de xullo de 2012, ante o mesmo notario, co número de protocolo 365.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, a fundación ten por obxecto promover, realizar e difundir, sen ánimo de lucro, a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación na xestión integral da auga.

4. O Padroado inicial da Fundación está formado por Henry Laíño López, como presidente; Manuel Cermerón Romero, como vicepresidente; María Teresa Abalde Sande, como secretaria (non patroa), e Juan José Casares Long, Sergio Soriano Ruiz, Francisco Ramón Montero de Espinosa Freijo e Tomás Alexander Michel Mayer, como vogais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese para a investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico na xestión da auga da Fundación Centro Gallego de Investigaciones del Agua, con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional.

6. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, os estatutos e a identificación dos membros do padroado.

7. De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da comisión de secretarios, procede a súa clasificación como de interese para a investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico na xestión da auga e a súa adscrición á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Consideracións legais:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. A escritura de constitución da fundación contén os datos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Segundo establece o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento do rexistro de fundacións de interese galego, corresponde á esta Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá as funcións de protectorado.

De conformidade co exposto, e considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 23 de xullo de 2012.

DISPOÑO:

Clasificar de interese para a investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico na xestión da auga a Fundación Centro Gallego de Investigaciones del Agua, adscribíndoa ao protectorado da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, podendo interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2012

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza