Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 23 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se notifica a resolución recaída no procedemento disciplinario incoado a Gonzalo González Martínez.

O 23 de xullo de 2012, o director xeral de Xustiza ditou resolución nun procedemento disciplinario incoado a Gonzalo González Martínez, funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa, con destino non Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Marín. Por estar en paradoiro descoñecido e en aplicación do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procede a súa notificación por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia. A devandita resolución literalmenate di: «…. Proposta de resolución: 1. Declarar a caducidade do presente expediente disciplinario 1/2004. 2. Notificarlle a presente resolución á Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza. 3. Notificarlle esta resolución a Gonzalo González Martínez, notificación que por estar en paradoiro descoñecido se fará mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben recurso potestativo de reposición ante este mesmo centro directivo no prazo dun mes».

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2012

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza