Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 31 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012225AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 3 de xullo de 2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2012225AL-CO incoado a Carlos Vázquez Varela.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Carlos Vázquez Varela o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 31 de xullo de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2012225AL-CO.

Interesado: Carlos Vázquez Varela.

DNI/NIF/CIF: 32652031-N.

Último enderezo coñecido: praia da Madalena, 15620 Cabanas.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición; artigo 50.1.d) e e), e artigo 51.1, parágrafos 1º e 4º. RD 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas. Artigos 3, 6, 7, 10 e 11. Regulamento (CE) 854/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas para a organización dos controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados a consumo humano. Anexo II, capítulo I, puntos 1, 2, 4 e 10; capítulo II, puntos 1, 2 e 3; capítulo V, punto 1 e capítulo IX, puntos 2, 3, 4 e 5.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 1.200 € (mil douscentos euros).