Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 1 de agosto de 2012, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relacionan liquidacións de xuros de demora de aprazamentos/fraccionamentos de pagamento pendentes de notificar e se emprazan as interesadas que se sinalan para seren notificadas por comparecencia (Inelvigo, S.L. e Laupesca, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse liquidacións de xuros de demora de aprazamentos/fraccionamentos de pagamento pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse as interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3 do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza, 8-4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2012

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesada

CIF

Enderezo

Liquidacións

Importes

Inelvigo, S.L.

B36950400

Estrada vella a Madrid, 25-baixo
36215 Vigo (Pontevedra)

510120000129

985,05 €

Laupesca, S.L.

B36826881

O Carballal, 47

36215 Vigo (Pontevedra)

510120000133

153,71 €