Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 1 de agosto de 2012, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relacionan requirimentos de documentación en relación coas solicitudes de aprazamentos/fraccionamentos pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Lamas Sánchez, M. Carmen e Moreira Fidalgo, Albino).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria relaciónanse requirimentos de documentación en relación coas solicitudes de aprazamentos/fraccionamentos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3 do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2012

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Providencias

Lamas Sánchez, M. Carmen

35416420-P

Praia Major, Noalla, 168

36990 Sanxenxo (Pontevedra)

10790143551

10790143562

10790248667

11790057906

11790243487

Moreira Fidalgo, Albino

46903754-S

Pontevedra, 23 1º izqda.

15840 Santa Comba (A Coruña)

8790132945