Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 1 de agosto de 2012, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relacionan reintegro e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (AA Solar Fotovoltaica, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria relaciónanse reintegro e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázase o interesado que figura no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3 do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2012

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Liquidacións

Importe

AA Solar Fotovoltaica, S.L.

B15951007

Vía Edison, 52, 1º

15890 Santiago de Compostela (A Coruña)

500120021417

500120021419

15.266,00 €

1.597,72 €