Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33232

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (922-2009 PM).

Secretaria: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 922/2009 PM.

Materia: xubilación.

Recorrente: Instituto Social da Mariña.

Entidades contra as que se recorre: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, José Piñeiro Barreiro, Valeforce Engineering España, S.L., Ecodragas, S.L.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 4 de Vigo, demanda 479/2008.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 922/2009 a que se refire o encabezamento, seguido ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 479/2008 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, promovidos por José Piñeiro Barreiro contra Instituto Social da Mariña, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Valeforce Engineering España, S.L., Ecodragas, S.L. sobre xubilación, con data do 19 de xullo de 2012 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que con estimación do recurso interposto polo Instituto Social da Mariña, anulamos a sentenza que con data do 29 de outubro de 2008 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado número 4 dos de Vigo, co obxecto de que con plena liberdade de criterio se dite nova resolución que emende as deficiencias que expresamos na nosa fundamentación.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala de lo social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente no estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E, para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial de Cádiz, co fin de que sirva de notificación en forma a Valeforce Engineering España, S.L., Ecodragas, S.L., con último domicilio coñecido en Algeciras-Cádiz, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este presente edicto.

A Coruña, 19 de xullo de 2011

A secretaria xudicial