Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33238

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (212/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 212/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Gerpe Álvarez contra a empresa Alejandro Reino Romero-Peluquería Péinate e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza o 9 de xullo de 2012 cuxo ditame é o seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda formulada por María José Gerpe Álvarez, con DNI 47382534-G, contra Alejandro Reino Romero (Peluquería Péinate), e cualifico como improcedente o despedimento do 17.1.2012, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral da demandante coa empresa demandada, con efectos de data de hoxe, día 9.7.2012, e condeno a devandita empresa a estar e pasar por tal declaración, e a que lle aboe ao traballador as seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios

886,5 €

(30 días*29,55 €/día)

5.141,7 € (17.1.2012/9.7.2012)

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alejandro Reino Romero-Peluquería Péinate, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xullo de 2012

A secretaria xudicial