Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33318

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de información pública sobre nave industrial para montaxe, almacenaxe e distribución de armaduras metálicas no parque empresarial de Sigüeiro.

Manuel Triñanes Lustres, con NIF 35393412T, solicitou neste concello unha licenza de obra e actividade dunha nave industrial para montaxe, almacenaxe e distribución de armaduras metálicas, na parcela 6 do parque empresarial de Sigüeiro, polo que se tramita o expediente de licenza da dita actividade.

En cumprimento do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública polo prazo de vinte días desde a inserción do presente anuncio no DOG e no BOP, para que quen se vexa afectado dalgún xeito pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio comunícaselles aos interesados aos cales non sexa posible notificar persoalmente que están notificados para todos os efectos, significándolles que teñen un prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da notificación, para alegaren o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información atópase depositado nas dependencias deste concello (UR-29/2012) e pódese consultar durante horario de oficina.

Oroso, 18 de xullo de 2012

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde presidente