Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33319

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de ampliación de nave avícola.

Pial, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de nave avícola para ceba de polos, que se situará na Ponte-Pedroso-Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Rodeiro, 9 de agosto de 2012

Luís López Diéguez
Alcalde