Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33320

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de xuño de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal que afecta os capítulos IV e V da normativa urbanística, así como os artigos 125.6 e 126.7, segundo o proxecto formulado polo Concello de Santiago a través dos servizos técnicos da Área de Urbanismo.

b) Someter o acordo a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia, e en dous xornais dos de maior difusión na provincia. Durante o citado período, o expediente estará á disposición de calquera persoa que desexe examinalo co obxecto da presentación das alegacións que se consideren pertinentes.

c) Dar audiencia aos concellos limítrofes, simultaneamente e durante o mesmo prazo da información pública.

O presente acordo determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do outorgamento das licenzas que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial».

Durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2012

Ángel Currás Fernández
Alcalde