Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33321

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de información pública sobre a construción dunha nave lonxitudinal para explotación avícola de produción cárnica en Siador.

José Rafael Cuñarro Pampín presentou neste concello solicitude de licenza para a construción dunha nave lonxitudinal para explotación avícola de produción cárnica, no predio 575, polígono 62, coa referencia catastral 36052A062005750000KH, na zona chamada As Brañas, parroquia de Siador (Silleda). En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, que estará exposto no taboleiro de anuncios do Concello e poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, todo iso a efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 16 de xullo de 2012

Paula Fernández Pena
Alcaldesa presidenta