Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33322

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación dun programa de educación básica de persoas adultas.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº de expediente: 13263-332.

2. Obxecto do contrato: descrición: desenvolvemento dun programa de educación básica de persoas adultas no concello de Vigo.

Lugar de execución: concello de Vigo.

Prazo de execución: dous anos.

Data de inicio do contrato: 1 de outubro de 2012.

Prórroga: dúas prórrogas dun ano cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 75.100 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48 e fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos quince días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 4 de xuño de 2012

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación