Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33328

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación, por procedemento aberto, da subministración de formigóns, agregados e materiais de construción para este concello.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº expediente 66909-250.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de formigóns, agregados e materiais de construción. División por lotes e número de lotes/número de unidades: si. Lote 1: formigón. Lote 2: agregados e lote 3: materiais de construción.

Lugar de entrega: Concello de Vigo.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 170.000 euros. Dotación por lotes: lote 1: 70.000 euros. Lote 2: 50.000 euros. Lote 3: 50.000 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48 e fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares e as follas de especificacións do contrato.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 8 de agosto de 2012

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación