Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33326

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación do servizo para a xestión das escolas infantís municipais de Tomás Alonso e Casiano Martínez (Bouzas).

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº expediente: 13000-332.

2. Obxecto do contrato: descrición: servizo para a xestión parcial das escolas infantís municipais de Tomás Alonso e Casiano Martínez (Bouzas).

Lugar de execución: concello de Vigo.

Prazo de execución: catro anos máis dúas posibles prórrogas dun ano.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 1.753.816,72 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48 e fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: o prazo rematará aos quince días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: –.

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 8 de agosto de 2012

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación