Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2012 Páx. 33953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se empraza as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 26/2012, interposto polo Concello de Monterroso contra a Resolución da Secretaría Xeral de Familia e Benestar do 18.10.2011, que resolve a solicitude de subvención ao abeiro da Orde do 3 de marzo de 2011 pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2011.

A Consellería de Traballo e Benestar recibiu da Sección Primeira da Sala do
Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un oficio mediante o cal se ordena a remisión a ese órgano xudicial do expediente que motivou a Resolución da Secretaría Xeral de Familia e Benestar do 18.10.2011, que resolve a solicitude de subvención ao abeiro da Orde do 3 de marzo de 2011 pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2011, obxecto do recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Monterroso, ou ben dunha copia autentificada, debidamente foliada e, de ser o caso, cos documentos e índices correspondentes.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición
contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se publica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan estas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2012

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar