Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2012 Páx. 34079

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1410/2009-RCUD 211/2012 MAY).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1410/2009 MAY.

Materia: accidente.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Carpintería Igma, S.L., David Leiro Búa.

Recorrida: Mutua SAT.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Pontevedra. Demanda 50/2008.

Casación en unificación: 211/2012.

Parte recorrente: David Leiro Búa.

Secretaría judicial: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 1410/2009-RCUD 211/2012-MAY ás cales se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 50/2008 do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, promovidos por David Leiro Búa contra a Mutua SAT e outros, sobre accidente, con data 12.6.2012 ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

«Sentenza.

No recurso de suplicación 1410/2009, formalizado polo letrado Celestino Barros Pena, en nome e representación de David Leiro Búa e o do Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, contra a sentenza de data 10.10.2008, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, nos seus autos número demanda 50/2008, seguidos por instancia de David Leiro Búa fronte a Mutua SAT, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Carpintería Igma, S.L., parte representada polo letrado, en reclamación por accidente, sendo maxistrado relator Ricardo Pedro Ron Latas,…».

«Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Administración da Seguridade Social e da empresa Carpintería Igma, S.L., e desestimando o recurso interposto pola representación letrada de David Leiro Búa, contra a sentenza de data dez de outubro do ano dous mil oito, ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Pontevedra, en proceso promovido por David Leiro Búa, fronte á Mutua SAT, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a empresa Carpintería Igma, S.L., debemos declarar e declaramos que a base reguladora da pensión de incapacidade permanente total derivada de enfermidade profesional do demandante ascende á cantidade de 1.307,16 €/mes (mil trescentos sete euros e dezaseis céntimos mensuais), e en consecuencia condenamos os demandados, na súa respectiva responsabilidade, a estar e pasar por tal declaración, e en concreto ao Instituto Nacional da Seguridade Social a que faga efectivo o pagamento da mencionada prestación de acordo coa base reguladora declarada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Carpintería Igma, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de xullo de 2012

A secretaria xudicial