Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2012 Páx. 34471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 16 de maio de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, sobre resolución do expediente de clasificación dos montes Porteliña e outros, solicitada a prol dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo, concello de Cangas.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra ditou a seguinte resolución:

Asistentes:

Presidente: Gerardo Zugasti Enrique.

Vogais:

X. Carlos Morgade Martínez (representante das CMVMC da provincia de Pontevedra).

Enrique Martínez Chamorro (xefe do Servizo de Montes).

Víctor Abelleira Argibay (representante do Colexio de Avogados da provincia).

Lorena Peiteado Pérez (letrada do Gabinete Xurídico Territorial).

Vogais representantes da CMVMC de Darbo:

Asunción Camaño Fandiño.

José Manuel Cordeiro Fandiño.

Secretaria: Ana Belén Fernández Dopazo.

Na cidade de Pontevedra, sendo as 17.30 horas do día 16.4.2012, coa asistencia das persoas na marxe citadas, reúnese no 2º andar do Edificio Administrativo sito no nº 43 da rúa Fernández Ladreda o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de decidir, entre outros asuntos, sobre a resolución do expediente de clasificación dos montes denominados A Porteliña e outros, solicitada a prol dos veciños da CMVMC de Darbo, concello de Cangas.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data de entrada 27.1.2009, Alfredo Moldes Guardado, en condición de presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Darbo, pertencente ao concello de Cangas, presenta unha solicitude de iniciación de clasificación do monte da Porteliña e outros, cun total de 14 parcelas.

O 25.8.2009 o Servizo de Montes indica á secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais que a planimetría presentada é insuficiente e contraditoria entre o formato dixital e o cartográfico.

O 27.8.2009 a secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais informa ao solicitante que unha vez revisada a documentación achegada para a clasificación das parcelas solicitadas é necesario corrixir a planimetría conforme o indicado polo Servizo de Montes.

O 11.9.2009 Rosalía Castro Ríos, enxeñeira de montes en representación da Comunidade de Montes Veciñais de Darbo, achega planimetría corrixida segundo os requirimentos do Servizo de Montes.

O 18.2.2010 o Servizo de Montes indica á secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais que a nova planimetría achegada é correcta e que das 26 parcelas solicitadas de clasificación (algunhas parcelas foran divididas pola súa vez en dúas ou tres parcelas ao estaren atravesadas por vías públicas) xa estaban clasificadas sete, ficando sen clasificar un total de 19.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou, na súa sesión de 7.6.2010, incoar o correspondente expediente de clasificación das 19 parcelas referidas, baixo o nome de Monte da Porteliña e outros.

O 11.6.2010 o Servizo de Montes solicita ao xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común o correspondente informe preceptivo conforme o establecido no artigo 20 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común.

O 1.7.2010 o Concello de Cangas, requirido para presentar alegacións ao expediente de clasificación, solicita cartografía máis concreta que permita identificar as parcelas.

O 6.7.2010 a Secretaría do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais remite a planimetría requirida.

O 13.7.2010 o xefe da Área Técnica de Montes Veciñais remite o informe preceptivo.

O 27.7.2010 a Secretaría do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais solicita á Comunidade de Montes solicitante a relación de estremeiros, que é proporcionada mediante escrito do 11.8.2010.

O 31.8.2010 o rexistrador da Propiedade de Cangas remite a correspondente certificación, indicando en primeiro lugar que non aparecen inscritas neste rexistro a nome de persoa algunha tal e como se describen, agás parte da parcela denominada no expediente Rocha de San Pedro 1, que aparece inscrita a nome de Manuel Lagoa Iglesias e Mª Concepción Millán Riveiro, con inscrición primeira do 7.5.2010 e declarando exceso de cabida.

Segundo. Durante o trámite de audiencia presenta escrito o Concello de Cangas con data 18.11.2010 en que alega que unha das parcelas solicitadas, denominada Outeiro, está incluída no Inventario de bens municipais.

Tamén presenta escrito Jesús Taboada Vega, alegando cuestións de propiedade na parcela Porteliña I e negando o aproveitamento veciñal. Presenta fotocopias de escrituras e informe pericial.

Así mesmo, presenta escrito de alegacións a Comunidade de Montes Veciñais de Darbo, proporcionando documentación para abundar na acreditación do aproveitamento veciñal das parcelas solicitadas. Aceptan a titularidade municipal, o que de facto supón unha renuncia á solicitude de clasificación.

Terceiro. Á vista da documentación achegada pola comunidade solicitante e o informe do Servizo de Montes, as parcelas obxecto deste expediente teñen a seguinte descrición:

Concello: Cangas.

Parroquia: Darbo.

Nome do monte: Aparcamento.

Superficie: 408,90 m2 aprox.

A parcela linda con:

Norte: estrada.

Sur: parcela 86, polígono 49. Titular: Mercedes Alonso González.

Leste: estrada.

Oeste: linde de costas.

Nome do monte: Areamilla 1.

Cabida: 3.559 m2 aprox.

Polígono 50, parcela 162.

A parcela linda con:

Norte: camiño.

Sur: linde de costas.

Leste: camiño.

Oeste: linde de costas.

Nome do monte: Areamilla 2.

Superficie: 5.768 m2 aprox.

Polígono 50, parcela 671.

A parcela linda con:

Norte: camiño.

Sur: linde de costas.

Leste: linde de costas.

Oeste: linde de costas.

Nome do monte: Barreiras 8.

Parcela 102 e 103, polígono 49. Superficie: 5.399 m2 aprox.

Norte: camiño.

Sur: camiño.

Leste: estrada.

Oeste: camiño.

Nome do monte: Capela de Santa Marta.

Polígono 49, parcela 256. Superficie: 0,0795 ha aprox.

A parcela linda con:

Norte: parcela 265, polígono 49. Titular: Antonia Broullón Martínez.

Sur: camiño.

Leste: camiño.

Oeste: parcela 266, polígono 49. Titular: José Rial González.

Nome do monte: Costa de Barreiros e Balea.

Polígono 50, parcela 277, superficie: 20.781 m2 aprox.

Norte: camiño.

Sur: linde de costas.

Leste: río.

Oeste: parcela 395, polígono 50. Titular: descoñecido.

Polígono 50, parcela 278, superficie: 1.795 m2 aprox.

Norte: camiño.

Sur: parcela 277, polígono 50. Titular: CMVMC de Darbo.

Leste:

Parcela 328, polígono 50. Titular: descoñecido.

Parcela 001, polígono 50. Titular: Antonio Broullón Sotelo.

Oeste:

Parcela 395, polígono 50. Titular: descoñecido.

Parcela 405, polígono 50. Titular: descoñecido.

Parcela 404, polígono 50. Titular: Concepción González Alonso.

Parcela 290, polígono 50. Titular: descoñecido.

Parcela 284, polígono 50. Titular: Ubaldina-Florinda González Entenza.

A totalidade da parcela é polígono 50, parcela 277 e 278, é de 22.576 m2 aprox.

A totalidade destas dúas parcelas linda con:

Norte: camiño.

Parcela 328, polígono 50. Titular: descoñecido.

Sur: linde de costas.

Leste: camiño.

Parcela 001, polígono 50. Titular: Antonio Broullón Sotelo.

Oeste:

Parcela 395, polígono 50. Titular: descoñecido.

Parcela 405, polígono 50. Titular: descoñecido.

Parcela 404, polígono 50. Titular: Concepción González Alonso.

Parcela 290, polígono 50. Titular: descoñecido.

Parcela 284, polígono 50. Titular: Ubaldina-Florinda González Entenza.

Polígono 50, parte parcela 279. S= 980 m2 aprox.

As parcelas lindan con:

Norte: camiño.

Sur: estrada.

Leste: camiño.

Oeste:

Parcela 279, polígono 50. Titular: Concepción González Alonso.

Parcela 280, polígono 50. Titular: Marcelina González Lemos.

Parcela 403, polígono 50. Titular: Concepción González Alonso.

Polígono 50, parcela 276. Superficie: 21.775 m2 aprox.

A parcela linda con:

Norte:

Parcela 331, polígono 50. Titular: Evaristo M. González Sotelo.

Parcela 332, polígono 50. Titular: Ángel Goberna.

Parcela 16, polígono 50. Titular: Alejandro Pazo Villar.

Parcela 335, polígono 50. Titular: descoñecido.

Parcela 349, polígono 50. Titular: José González Fernández.

Parcela 86, polígono 50. Titular: Luis Hernández Nores.

Parcela 38, polígono 50. Titular: Peregrina Rial.

Sur: linde de costas.

Leste:

Parcela 37, polígono 50. Titular: Soledad Piñeiro Martínez.

Parcela 355, polígono 50. Titular: José Pintos Entenza.

Parcela 353, polígono 50. Titular: José Mariño Gamallo.

Parcela 354, polígono 50. Titular: descoñecido.

Oeste: camiño.

Polígono 50, parcela 352 e 518.S= 541 m2 aprox.

A parcela linda con:

Norte:

Parcela 3, polígono 50. Titular: Luis Rial Sotelo.

Parcela 7, polígono 50. Titular: Arsenio Piñeiro Martínez.

Parcela 329, polígono 50. Titular: descoñecido.

Sur: camiño.

Leste: parcela 7, polígono 50. Titular: Arsenio Piñeiro Martínez.

Oeste: camiño.

Nome do monte: Duna de Santa Marta.

Superficie: 0,1502 ha aprox.

A parcela linda con:

Norte:

Parcela 212, polígono 49. Titular: Francisco González Cerviño.

Parcela 452, polígono 49. Titular: Mª Isabel Núñez González.

Parcela 453, polígono 49. Titular: José Jesús Rodríguez Núñez.

Parcela 450, polígono 49. Titular: Juana Piñeiro Pousada.

Sur: linde de costas.

Leste: parcela 36, polígono 49. Titular: Tomás Ramón González Bolivar.

Oeste: parcela 86, polígono 49. Titular: Mercedes Alonso González.

Nome do monte: Lagarto.

Parcela 222, polígono 24. Superficie: 0,27 ha aprox.

Norte: camiño.

Sur: estrada.

Leste:

Parcela 280, polígono 24. Titular: descoñecido.

Parcela 221, polígono 24. Titular: descoñecido.

Oeste:

Camiño e despois parcela 99, polígono 24. Titular: Carmen Molanes Fernández.

Parcela 231, polígono 24. Titular: descoñecido.

Parcela 230, polígono 24. Titular: descoñecido.

Nome do monte: Laxe Negra 1.

Polígono 49, parcela 281. S= 653 m2 aprox.

A parcela linda con:

Norte: camiño.

Sur: parcela 282, polígono 49. Titular: Bienvenido Piñeiro Barreiro.

Leste: parcela 496, polígono 49.

Oeste: camiño.

Nome do monte: Laxe Negra 2.

Polígono 49, parcela 248. S= 4.729 m2 aprox.

A parcela linda con:

Norte: camiño.

Sur: camiño.

Leste: camiño.

Parcela 63, polígono 49. Titular: Desideria González Rial.

Parcela 249, polígono 49. Titular: Serafín Piñeiro Lemos.

Oeste:

Parcela 694, polígono 49. Titular: descoñecido.

Parcela 250, polígono 49. Titular: descoñecido.

Parcela 251, polígono 49. Titular: descoñecido.

Parcela 252, polígono 49. Titular: descoñecido.

Nome do monte: Monte Piñeiro.

A parcela de Monte Piñeiro, ao superpoñela sobre as parcelas do catastro, obsérvase que o catastro non se axusta á realidade.

As parcelas a que afecta son todas do polígono 22, a todas afecta en parte:

Parcela 46: 146,95 m2 aprox.

Parcela 49. Superficie: 3.161,51 m2 aprox.

Parcela 51: 209,15 m2 aprox.

Parcela 52: 467,87 m2 aprox.

Parcela 53: 179,30 m2 aprox.

Parcela 54: 129,68 m2 aprox.

Parcela 121: 20,0 m2 aprox.

Parcela 158: 59,95 m2 aprox.

Parcela 159: 26,5 m2 aprox.

Parcela 188: 1.068,22 m2 aprox.

Parcela 190: 401.65 m2 aprox.

Zona do camiño no catastro que en realidade é parcela de monte: 425,22 m2 aprox.

Os lindes son:

Norte: parcelas 54, 53, 190 e camiño.

Sur: camiño, 160, 49.

Leste: 52, 46, camiño, 49.

Oeste: 189, 190, 160, 51, 49.

Nome do monte: Outeiro (zona recreativa).

Superficie: 0,0853 ha aprox.

A parcela linda con:

Norte: camiño.

Sur:

Parcela 331, polígono 50. Titular: Evaristo M. González Sotelo.

Parcela 16, polígono 50. Titular: Alejandro Pazo Villar.

Leste: camiño.

Oeste: camiño.

Nome do monte: Monte da Porteliña 1.

Parcela 43, polígono 23. Superficie: 2,31 ha aprox.

Norte:

Parcela 212, polígono 23. Titular: Costas González, Benjamín.

Parcela 164, polígono 23. Titular: descoñecido.

Parcela 12, polígono 23. Titular: Costas González, Benjamín.

Parcela 09507, polígono 23. Titular: descoñecido.

Parcela 09004, polígono 23. Titular: Concello de Cangas.

Parcela 71, polígono 23. Titular: descoñecido.

Sur: camiño.

Parcela 9512, polígono 23. Titular: descoñecido.

Parcela 42, polígono 23. Titular: Monte Veciñal Darbo.

Parcela 173, polígono 23. Titular: descoñecido.

Leste:

Parcela 70, polígono 23. Titular: Martínez Sotelo Rogelia.

Parcela 69, polígono 23. Titular: Cabral Cordeiro Araceli.

Parcela 68, polígono 23. Titular: Cabral Cordeiro Araceli.

Parcela 67, polígono 23. Titular: Cabral Cordeiro Araceli.

Parcela 66, polígono 23. Titular: Martínez Sotelo Celestina.

Parcela 65, polígono 23. Titular: Ferreiro Núñez María.

Parcela 64, polígono 23. Titular: Piñeiro Broullón Manuel.

Parcela 63, polígono 23. Titular: Martínez Villar Hermelinda.

Parcela 62, polígono 23. Titular: Alonso Pousa Eugenia.

Parcela 61, polígono 23. Titular: Saa Martínez Andrea.

Parcela 60, polígono 23. Titular: Cosque José.

Parcela 59, polígono 23. Titular: Iglesias Piñeiro Pilar.

Parcela 58, polígono 23. Titular: Cordeiro Villar Inés.

Parcela 57, polígono 23. Titular: Docio Pazo Carmen.

Parcela 56, polígono 23. Titular: Rial Villar Javier.

Parcela 55, polígono 23. Titular: Pastoriza Graciana.

Parcela 54, polígono 23. Titular: Cordeiro Villar Josefa.

Parcela 53, polígono 23. Titular: Cordeiro Villar Adelina.

Parcela 52, polígono 23. Titular: Rial Cordeiro Peregrina.

Parcela 51, polígono 23. Titular: Rial Cordeiro José.

Parcela 49, polígono 23. Titular: Fernández Rodríguez Juana-María.

Parcela 47, polígono 23. Titular: Docio Pazo Román.

Parcela 46, polígono 23. Titular: Docio Pazo Antonio.

Parcela 45, polígono 23. Titular: Iglesias Piñeiro Pilar.

Parcela 44, polígono 23. Titular: Broullón Soliño Manuel.

Parcela 157, polígono 23. Titular: descoñecido.

Estrada A Magdalena-Aldán.

Oeste: camiño e parcela 74, polígono 23. Titular: Monte Veciñal en Man Común de Darbo.

Nome do monte: Monte da Porteliña 2.

Parcela 74, polígono 23. Superficie: 0,47 ha aprox.

Norte: camiño.

Sur:

Parcela 176, polígono 23. Titular: descoñecido.

Parcela 75, polígono 23. Titular: Magariños Cordeiro Manuel.

Parcela 175, polígono 23. Titular: descoñecido.

Parcela 174, polígono 23. Titular: descoñecido.

Parcela 36, polígono 23. Titular: Rial Vidal Remigia.

Parcela 173, polígono 23. Titular: descoñecido.

Leste: camiño e parcela 43 do polígono 23 pertencente á Comunidade de Montes Veciñais e Man Común de Darbo.

Oeste:

Parcela 165, polígono 23. Titular: descoñecido.

Parcela 224, polígono 23. Titular: Piñeiro Vázquez Carlos.

Parcela 223, polígono 23. Titular: Lorenzo Rodríguez Manuel.

Parcela 81, polígono 23. Titular: Rial Javier.

Parcela 80, polígono 23. Titular: Vidal Eduardo.

Parcela 79, polígono 23. Titular: Graña Rodríguez Avelino.

Parcela 78, polígono 23. Titular: Soliño Vidal Perfecta.

Parcela 77, polígono 23. Titular: Soliño Vidal Pilar.

Parcela 76, polígono 23. Titular: Sotelo Sotelo Estanislao.

Nome do monte: Monte Rocha de San Pedro, 1

Parcela 73 y 41, polígono 23. Superficie: 0,15 ha aprox.

Norte: camiño e parcela 43, polígono 23, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo.

Sur: camiño.

Leste:

Parcela 9512, polígono 23. Titular: descoñecido.

Estrada A Magdalena-Aldán.

Oeste:

Parcela 173, polígono 23. Titular: descoñecido.

Nome do monte: Monte Rocha de San Pedro 2.

Parcela 479 y 382, polígono 47, e parcela 9001. Superficie: 0,13 ha aprox.

Norte: camiño e estrada A Magdalena-Aldán.

Sur: parcela 479, polígono 47. Titular: González Portas Juan.

Leste: camiño.

Oeste: estrada A Magdalena-Aldán.

Nome do monte: Monte San Antonio.

Parcela 174, polígono 21. Superficie: 0,3844 ha aprox.

Norte: parcela 382, polígono 21. Titular: descoñecido.

Sur: parcela 175, polígono 21. Titular: descoñecido.

Leste: parcela 187, polígono 21. Titular: descoñecido.

Oeste: estrada Cangas-Aldán.

Nome do monte: Monte de Santa Marta.

Polígono 49, parcela 142. S= 2.687 m2 aprox.

A parcela linda con:

Norte:

Parcela 134, polígono 49. Titular: Antonio Teijeiro Pérez.

Parcela 135, polígono 49. Titular: Mª Josefa Leal Lemos.

Sur: parcela 143, polígono 49. Titular: descoñecido.

Leste:

Parcela 572, polígono 49. Titular: descoñecido.

Parcela 131, polígono 49. Titular: Adelina Álvarez Franco.

Parcela 132, polígono 49. Titular: Victoriano Fernández Barreiro.

Parcela 133, polígono 49. Titular: descoñecido.

Oeste: parcela 152, polígono 49. Titular: descoñecido.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 1 do Decreto 240/1992, do 4 de setembro, cómpre entender por montes veciñais en man común «... os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte, en vía administrativa, é a circunstancia de terse ou non demostrado o aproveitamento consuetudinario en man común, prescindindo das cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais.

A isto debe engadirse, como ben sinala para casos análogos o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en Sentenza do 29 de xuño de 2009:

«A función do Xurado Provincial é a de comprobar a existencia ou non dun aproveitamento consuetudinario comunal nos termos indicados no artigo 1 da Lei 13/1989, o cal exclúe do seu exame cuestións de propiedade, reservadas á xurisdición ordinaria e que non obstan á clasificación do MVMC.

Tampouco é obstáculo para tal fin que o monte figure incluído, a nome doutras persoas ou entidades, en catálogos, inventarios ou rexistros públicos, salvo que a dita inclusión sexa consecuencia dunha sentenza ditada en xuízo declarativo (Stc. do TSX de Galicia do 8 de maio 2008 onde se reproduce con claridade a doutrina do TS que define como única razón válida para a clasificación a constante posesión continuada do aproveitamento dos montes polos veciños de forma mancomunada, sen que fronte a este estado posesorio dos aproveitamentos do monte, non necesariamente forestais, poidan prevalecer os actos de disposición deles aínda que tivesen acceso ao Rexistro da Propiedade ...».

Sobre os tipos de aproveitamento, este debe entenderse en sentido amplo no referido aos usos posibles, que poden ser variados e distintos en cada momento e parcela. A xurisprudencia establecida así o aclara. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a través da Sala do Contencioso-Administrativo, en Sentenza nº 1239/2002 establece que «...a Lei 13/1989 di que os montes veciñais o son con independencia das súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria. Por iso o feito de que o uso actual principal da parcela litixiosa non sexa agrícola, forestal ou gandeiro, senón recreativo, non é obstáculo para a súa clasificación como monte veciñal ...».

E a doutrina emanada da Tribunal Supremo, a través da súa Sala Contencioso-Administrativa, é clara cando xa en Sentenza do 22 de febreiro de 1988 establece que «...a Avogacía do Estado presenta, como primeira causa de oposición, a de aplicar o concepto de monte aos terreos que se reclaman como veciñais; cuestión esta que non pode resolverse ante os conceptos que se explican nas disposicións legais, por canto se observa que tanto a Lei de montes como o seu regulamento, ou as leis de montes veciñais en man común de 1968 ou a vixente de 1980, atenden en sentido primordial ao aproveitamento forestal, respondendo a una política anexa de protección do monte e ao cultivador desde o punto de vista da repoboación forestal, criterio este que, en relación ao ámbito específico do monte veciñal en mano común, característico de Galicia, foi superado pola xurisprudencia en atención ás súas características consuetudinarias, no sentido de estimar que o monte non só podía ter unha finalidade forestal..., deducíndose diso que ese criterio xurisprudencial foi aplicado polos xurados provinciais cun sentido amplo, atendendo á explotación e ao aproveitamento polo común dos veciños e interpretando a lei conforme indica o Código civil no seu artigo 3, en atención ás circunstancias de tempo e lugar».

A comunidade de montes solicitante presentou unha extensa documentación para probar o uso polos veciños das 19 parcelas solicitadas de clasificación. A documentación é variada e reflicte tamén o variado uso que os veciños lles dan ás parcelas en función das súas necesidades produtivas ou sociais. Porque os veciños están exercendo o seu dereito de uso cando reclaman no ano 2007 perante o concello, con ocasión da redacción dun novo plan xeral de ordenación municipal, que a nova normativa urbanística recoñeza o carácter veciñal da maioría das parcelas solicitadas, ou cando as asociacións de veciños solicitan á comunidade de montes o uso dalgunhas parcelas, ou cando a comunidade de montes contrata unha cuadrilla de operarios para limpar moitas das parcelas solicitadas. Certificacións, solicitudes, notas de prensa, contratos con madeireiros e empresas eléctricas, reclamacións perante o Concello e mesmo ante a Consellería do Medio Rural. Un amplo corpus documental ilustra a preocupación, o uso e a defensa destas parcelas comunais por parte dos veciños, tanto da apropiación por particulares como ante a Administración local e autonómica. Deste xeito, o informe do Servizo de Montes no que refire que a maioría das parcelas non presenta signos de aproveitamento recente debe entenderse no sentido de que no curto tempo dunha visita e inspección de campo non se atoparon indicios de traballos silvícolas realizados nos días ou semanas inmediatamente anteriores, pois en varias parcelas o citado informe recoñece outros usos, de tipo social ou recreativo.

Polo exposto, ponse en evidencia que nos terreos que se pretenden clasificar existe unha utilización periódica veciñal nos termos aplicables do artigo 1 da Lei 13/1989 por parte da CMVMC de Darbo.

Terceiro. Respecto ás alegacións do Concello de Cangas, a súa información das vías da zona que están incluídos no Inventario de bens municipal non ten transcendencia, pois a solicitude da Comunidade de Montes de Darbo soamente inclúe as pistas forestais contidas nas parcelas solicitadas. Tamén no Inventario de bens municipais está a parcela denominada Outeiro, segundo a alegación municipal. Porén, o Concello nada alega das demais parcelas sobre a solicitude da Comunidade de Montes de Darbo reclamando que o avance do PXOM respecte e recoñeza o seu carácter veciñal, xa recoñecido no antigo Catastro de rústica de Cangas. As alegacións dun particular refírense basicamente a cuestións de propiedade.

Conclusións da investigación.

Primeiro. Unha vez analiza a documentación presentada e o informe do xefe da Área Técnica de Montes Veciñais chégase ás seguintes conclusións:

1. Que a parcela denominada Aparcamento é utilizada polos veciños para aparcamento de vehículos, segundo o informe do Servizo de Montes. A Asociación de Veciños Santa Marta certifica tamén ese uso e a súa limpeza polos veciños. Catro traballadores contratados pola Comunidade de Montes declaran ter limpado esta parcela. A Comunidade de Montes inclúe esta parcela entre as que son alegadas como veciñais no 2007 no PXOM. No catastro está a nome do Concello, pero este non o inclúe no Inventario de bens municipais.

2. Que as parcelas denominadas Areamilla 1 e Areamilla 2 son dous baldíos próximos á costa. O informe do Servizo de Montes cita eucaliptos illados na primeira e recolle que non se aprecia aproveitamento recente. A Comunidade de Montes alega que se realizaron cortas de eucaliptos no pasado, especialmente nos espazos lindeiros cos predios particulares, a petición dos seus propietarios. O catastro cita como titulares os veciños de Balea, o Servizo de Costas e descoñecido. A Comunidade de Montes inclúe esta parcela entre as que son alegadas como veciñais no PXOM e presenta contratos de catro traballadores que declaran ter limpado estas parcelas. A Asociación de Veciños San Roque certifica que na parcela Areamilla 2 se realiza todos os anos a fogueira de San Xoán, celebración en que participa a Comunidade de Montes.

3. Que a parcela denominada Barreiras 8 ten como titulares, segundo o catastro, os veciños de Cunchido nunha parte e noutras dúas en investigación. O informe do Servizo de Montes indica que hai unha canteira abandonada e que tamén se observan eucaliptos de rexeneración natural, piñeiros e carballos, o que pode ser indicio de aproveitamento forestal. A Comunidade de Montes alega que os eucaliptos son rexenerados a partir da corta de 2004 e que todos os anos se limpan as zonas próximas ás casas, segundo fotografías que xunta. Catro traballadores contratados pola Comunidade de Montes declaran ter limpado esta parcela e a Comunidade de Montes inclúe esta parcela entre as que son alegadas como veciñais no PXOM no 2007.

4. Que a parcela denominada Capela é usada polos veciños, segundo informe do Servizo de Montes, como romaría e aparcamento. O catastro recolle como titular da parcela a Comunidade de Montes de Darbo, que, nas súas alegacións, achega contratos de varios operarios para facer traballos silvícolas, dos cales catro presentan declaración xurada de ter limpado esta parcela.

5. A Comunidade de Montes inclúe esta parcela entre as que son alegadas como veciñais no PXOM en 2007. Presentan tamén solicitudes da Asociación de Veciños Pleamar á Comunidade de Montes para celebrar nela a romaría o derradeiro sábado de xullo e nunha delas agradecen o roza e a poda dos castiñeiros que hai polo límite.

6. Que a parcela denominada Costa de Barreiras e Balea consta no catastro como pertencente aos veciños de Balea e a tres particulares. O informe do Servizo de Montes fai constar que nesta parcela hai eucaliptos cortados, ruínas dun muíño restauradas como área recreativa e unha senda peonil costeira, o que son indicios de uso forestal e social. Catro traballadores contratados pola Comunidade de Montes declaran ter limpado esta parcela e a Comunidade de Montes inclúe esta parcela entre as que son alegadas como veciñais no 2007 no PXOM. Ademais, a Comunidade de Montes de Darbo presenta copia de convenio asinado co Concello de Cangas en xullo de 2009 polo que recibe unha subvención para limpar e mellorar as instalacións de uso social.

7. Que a parcela denominada Duna de Santa Marta consta no Catastro a nome do Servizo de Costas, un particular e en investigación. Segundo o informe do Servizo de Montes, a parcela ten herba rara e arbustos. A Comunidade de Montes inclúe esta parcela entre as que son alegadas como veciñais no PXOM en 2007 e di que ten un alto valor ecolóxico, pero non presenta documento ningún en proba dun uso ou aproveitamento actual polos veciños.

8. Que sobre a parcela denominada Monte Lagarto constan no catastro como titulares o Concello de Cangas, dous propietarios particulares e una anaco en investigación. O informe do Servizo de Montes indica que nesta parcela hai fustal de piñeiro, eucalipto e carballo, que son indicios de aproveitamento forestal. A Comunidade de Montes de Darbo, nas súas alegacións, achega contratos de varios operarios para facer traballos silvícolas, dos cales catro presentan declaración xurada de ter limpado esta parcela. Tamén inclúe a Comunidade de Montes esta parcela entre as que son alegadas como veciñais no PXOM en 2007. Alega tamén que a limpa todos os anos, e presenta fotografías.

9. Que as parcelas denominadas Laxe Negra 1 e Laxe Negra 2, próximas entre si, constan no catastro a nome dos veciños de Cunchido, o Concello de Cangas e dous particulares. O informe do Servizo de Montes indica que atopou nestas parcelas herba, arbustos e piñeiros, o que son indicios de aproveitamento forestal. Catro traballadores contratados pola Comunidade de Montes declaran ter limpado esta parcela e a Comunidade de Montes inclúe esta parcela entre as que son alegadas como veciñais no PXOM en 2007.

Estas parcelas son das que máis están a sufrir a presión usurpadora por parte de particulares. A Comunidade de Montes de Darbo presenta copia de varias denuncias contra particulares por desmontes en terreo veciñal, desde 2001 a 2009, ante o Concello de Cangas e a Consellería do Medio Rural, con informe de axente forestal incluído. En todo caso, as parcelas das cales se solicita a clasificación están fóra das usurpacións, pois o acceso está libre e expedito.

Na parcela Laxe Negra 2 a Comunidade de Montes presenta solicitude de queima de restos de corta en maio de 2007. Sobresemento do expediente por presunta queima ilegal que provocou incendio porque a denunciada era traballadora da Comunidade de Montes de Darbo, pero procédese a denunciar á Comunidade por non tomar medidas na queima autorizada, co resultado de multa de 250 € en 2010. Fotocopias de todas as incidencias no expediente. A Comunidade de Montes presenta fotografías da limpeza en 2007 da parcela, con cartel da Comunidade.

10. Que as parcelas denominadas Monte Piñeiro 1 e Monte Piñeiro 2 constan no catastro a nome da Comunidade de Montes de Darbo, Concello de Cangas, tres particulares e en investigación. O informe do Servizo de Montes indica que se aprecian carballos, eucaliptos e rexeneración de piñeiros. A Comunidade alega que explota forestalmente as parcelas e presenta recibos de varios pagamentos de Madeiras Estévez e Hijos por venda de eucaliptos, así como proba documental de dous lotes de madeira poxados pola Consellería do Medio Rural en 2008 e 2009. Ademais, a Comunidade de Montes achega contratos de varios operarios para facer traballos silvícolas, dos cales catro presentan declaración xurada de ter limpado estas parcelas. Tamén inclúe a Comunidade estas parcelas entre as que son alegadas como veciñais no PXOM en 2007.

11. Que a parcela denominada Outeiro consta no catastro a nome do Concello de Cangas e en investigación. O informe do Servizo de Montes indica que esta parcela está dedicada a parque infantil, con mobiliario urbano e salgueiros. O Concello de Cangas presenta alegación indicando que esta parcela está incluída no Inventario de bens municipais. A Comunidade de Montes de Darbo reivindica primeiro o carácter veciñal da parcela, presentando contratos de varios operarios para facer traballos silvícolas, dos cales catro presentan declaración xurada de ter limpado esta parcela, ademais de incluíla entre as que son alegadas como veciñais no PXOM. Pero a continuación alega que non se opón a que continúe sendo de titularidade municipal, o que de feito constitúe unha renuncia á solicitude da súa clasificación.

12. Que as parcelas denominadas Porteliña 1 e Porteliña 2 constan no catastro como pertencentes á Comunidade de Montes de Darbo, doce particulares e en investigación. O informe do Servizo de Montes indica que na primeira parcela hai matogueira con eucaliptos e salgueiros sen signos doutro uso e un antigo vertedoiro; e na segundo atopa o mesmo uso, matogueira con grupos de eucaliptos. A Comunidade de Montes alega que os eucaliptos son de rexeneración natural dunha corta feita pola Comunidade hai anos e alega que hai unha plantación de castiñeiros de hai 15 anos, feito constatado polo instrutor do expediente nunha visita. A Comunidade de Montes de Darbo, nas súas alegacións, achega contratos de varios operarios para facer traballos silvícolas, dos cales catro presentan declaración xurada de ter limpado estas parcelas. Tamén as inclúe entre as que son alegadas como veciñais no PXOM en 2007. Ademais, presenta recortes de prensa sobre a celebración dunha asemblea xeral da Comunidade de Montes o 16 de febreiro de 2008 sobre a posible sinatura dun convenio cunha empresa para a instalación nestas parcelas dunha planta de biomasa. Por último, presenta unha solicitude da Asociación de Veciños Nós en xullo de 2006 para que a Comunidade de Montes limpe estas parcelas, que se converteron nun vertedoiro de lixo.

Presenta alegacións un particular, Jesús Taboada Vega, xuntando informe pericial, planos e escrituras de agrupamento de tres predio, dos cales dous estarían situadas sobre o monte veciñal da parcela Porteliña 1. O informe do Servizo de Montes non fai referencia a estes predios e non os singularizan, nin pola presenza de marcos, peches ou calquera outro signo, nin polo aproveitamento, que é o mesmo que o resto da parcela veciñal. O catastro non recolle estes supostos predios particulares, polo que non hai constancia certa de que a documentación presentada pertenza a predios incluídos nas parcelas solicitadas de clasificación. Por outra banda, as cuestións de propiedade non son competencia do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais, polo que se desestiman estas alegacións.

Porén, en data do 24.11.2011 Jesús Taboada Vega presenta escrito complementario das alegacións en que reitera novamente o dominio e a posesión con carácter exclusivo das parcelas Tomada do Souto e Tras da Rocha ou Alargo da Rocha e que se superpoñen con parte da solicitada pola Comunidade de Darbo (Porteliña 1), mais nesta ocasión xustifica a súa pretensión acompañada de diversa documentación que evidencia que a posesión non vén sendo pacífica na parcela obxecto de clasificación por parte da CMVMC de Darbo (informe pericial en que comuneiros e veciños non recoñecen o carácter veciñal da parcela en cuestión, xustificante de venda de madeira da mencionada parcela…).

13. Que as parcelas denominadas Rocha de San Pedro 1 e Rocha de San Pedro 2 son dúas parcelas case contiguas entre si e próximas ás anteriores Porteliña 1 e Porteliña 2, coas que posiblemente no pasado formaran un único monte. A primeira delas consta no catastro como pertencente parcialmente a Manuel Lagoa Iglesias, feito corroborado polo Rexistro da Propiedade de Cangas, que sitúa nesta parcela unha casa rodeada dun extenso terreo, de tamaño moi superior ao da parcela solicitada de clasificación. Xa que logo, algún erro debe existir, porque o terreo e maila casa, rodeados cun muro que os circunvala, están situados ao leste da parcela solicitada, que se encontra de acceso libre e expedito, e recentemente limpa, como puido comprobar o instrutor na súa visita, aínda que da documentación non se desprende que estea a ser aproveitada polos veciños. Pola súa banda, a segunda parcela, Rocha de San Pedro 2, consta no catastro a nome da Comunidade de Montes, o Concello de Cangas e un particular. O informe do Servizo de Montes indica que a primeira parcela está ocupada por raso con matogueira, mentres a segunda é un cruzamento de camiños con cercados de antenas. Catro traballadores contratados pola Comunidade de Montes declaran ter limpado estas parcelas e a Comunidade de Montes inclúeas entre as que son alegadas como veciñais no PXOM en 2007. Tamén presenta copia do acordo de 1994 de cesión temporal dunha parte da parcela Rocha de San Pedro 2 para a instalación de antenas parabólicas. E, así mesmo, presenta solicitude de Fenosa á Comunidade de Montes en 2009 para colocar punto de apoio LMT nestas parcelas.

14. Que a parcela denominada San Antoniño consta no catastro como pertencente á Comunidade de Montes de Darbo e un particular. O informe do Servizo de Montes indica que nesta parcela hai un rebrote de eucaliptos despois de incendio, con aproveitamento posterior da Comunidade de Montes de Darbo. Esta parcela está incluída entre as que son alegadas como veciñais no PXOM en 2007.

15. A parcela denominada Monte de Santa Marta consta no catastro con titularidade atribuída aos veciños de Cunchido, catro particulares e investigación. O informe do Servizo de Montes indica que a parcela está ocupada por vexetación rasa con rochas. A Comunidade de Montes de Darbo, nas súas alegacións, achega contratos de varios operarios para facer traballos silvícolas, dos cales catro presentan declaración xurada de ter limpado esta parcela. Tamén a inclúe entre as que son alegadas como veciñais no PXOM no 2007. Así mesmo, alega realizar unha limpeza anual, achega fotografía de 2007.

En consecuencia, vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento, aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios, de xenérica e específica aplicación, o instrutor propón e o Xurado acorda por unanimidade:

Clasificar como veciñais en man común as parcelas denominadas Areamilla 1, Areamilla 2, Barreiras 8, Capela, Costa de Barreiras e Balea, Monte do Lagarto, Laxe Negra 1, Laxe Negra 2, Monte Piñeiro 1, Monte Piñeiro 2, Porteliña 2, Rocha de San Pedro 2, San Antoniño e Monte de Santa Marta, a prol dos veciños da CMVMC de Darbo de acordo coa descrición reflectida no antecedente de feito terceiro por reunir os requisitos exixidos no artigo 1 da Lei 13/1989.

Clasificar parcialmente a parcela Porteliña 1 a favor dos veciños da CMVMC de Darbo de acordo coa descrición reflectida no antecedente de feito terceiro pero deducindo a superficie da parcela que reclama Jesús Taboada Vega por resultar evidente a falta de acreditación por parte dos veciños solicitantes da clasificación do uso ou aproveitamento da parcela con carácter exclusivo, quedando evidenciada a conflitividade entre a citada CMVMC sobre a parcela coincidente con ela á cal se opón o particular, e non clasificar como veciñal en man común as parcelas denominadas Outeiro, Duna de Santa Marta, Rocha de San Pedro 1 e Aparcamento, por non reuniren os requisitos exixidos no artigo 1 da Lei 13/1989, co voto en contra do vogal Xosé Carlos Morgade Martínez no que a esta última parcela se refire.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 16 de maio de 2012

Gerardo Zugasti Enrique
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra