Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2012 Páx. 34511

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre a formalización do contrato da subministración de material de oficina, papelaría e consumibles informáticos (expediente 2188).

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Número de expediente: ref. 2188.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de material de oficina, papelaría e consumibles informáticos para o Concello de Ourense (lote 1: material de oficina; lote 2: papel; lote 3: imprenta e lote 4: consumibles informáticos).

c) CPV: lote 1: 30192000-1; lote 2: 30199000-0; lote 3: imprenta: 22420000-0; lote 4: 30237300-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial da provincia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 23, do 2 de febreiro de 2012 e BOP número 26, do 1 de febreiro.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 127.554,23 euros. IVE: 22.959,77 euros. Importe total: 150.514,00 euros. Desagregado do seguinte modo:

– Lote 1 material de oficina: 44.142,37 euros máis 7.945,63 euros de IVE.

– Lote 2 papel: 22.194,06 euros máis 3.994,94 euros de IVE.

– Lote 3 imprenta: 9.271,19 euros máis 1.668,81 euros de IVE.

– Lote 4 consumibles informáticos: 51.946,61 euros máis 9.350,39 euros de IVE.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 14 de xuño de 2012.

b) Data de formalización. Lote 1: 4 de xullo de 2012. Lote 2: 4 de xullo de 2012. Lote 3: 17 de xullo de 2012. Lote 4: 17 de xullo de 2012.

c) Contratista. Lote 1: Paipel-OR, S.L. Lote 2: Paipel-OR, S.L. Lote 3: Domenech Mirabet, S.A. Lote 4: Servicios de Microinformática, S.A.

d) Importe de adxudicación. Lote 1: importe neto: 34.776,86 euros; IVE: 6.259,83 euros; importe total: 41.036,69 euros. Lote 2: importe neto: 19.420,26 euros; IVE: 3.495,65 euros; importe total: 22.915,91 euros. Lote 3: importe neto: 7.881,25 euros; IVE: 1.418,63 euros; importe total: 9.299,88 euros. Lote 4: importe neto: 44.398,68 euros; IVE: 7.991,76 euros; importe total: 52.390,44 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria:

Lote 1: ser a oferta que co mesmo prazo de entrega é a máis barata e presenta materiais de mellor calidade, segundo o informe que consta no expediente e a proposta da mesa de contratación.

Lote 2: ser a oferta que co mesmo prazo de entrega e coas mesmas calidades presenta a oferta económica máis barata, segundo o informe que consta no expediente e a proposta da mesa de contratación.

Lote 3: ser a oferta que, a pesar de non mellorar o prazo de entrega e de ter as mesmas calidades ca outra, presenta a oferta económica máis barata, polo que, aplicando as fórmulas do prego, resulta no primeiro lugar e polo tanto adxudicataria, segundo o informe que consta no expediente e a proposta da mesa de contratación.

Lote 4: ser a oferta que co mesmo prazo de entrega é a máis barata e presenta as melloras máis oportunas, segundo o informe que consta no expediente e a proposta da mesa de contratación.

Ourense, 31 de xullo de 2012

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde