Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx. 34763

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 23 de agosto de 2012 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2011-2012 convocados pola Orde do 2 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 7 de maio).

A Orde do 2 de maio de 2012 (DOG do 7 de maio), pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2011-2012, establece no seu artigo 10.3 que o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizadas as probas, publicada a acta provisional coas cualificacións obtidas polos alumnos e alumnas, resoltas as reclamacións presentadas e vistas a acta coa proposta definitiva do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2011-2012 e a correspondente proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de bacharelato, correspondentes ao curso 2011-2012, ao alumnado que figura no anexo a esta orde.

Segundo. Contra esta orde de adxudicación dos premios poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben impugnala na vía xurisdicional ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Relación de premios extraordinarios de bacharelato correspondentes
ao curso 2011-2012

N.º solic.

Nome e apelidos

Código centro

Centro de estudos

6801

Andrea Mosquera Alonso

15006730

IES Sofía Casanova

6638

Óscar Rivero Salgado

32014801

IES Cidade de Antioquía

7194

Beatriz Sanjurjo Lamela

27006541

IES N. Sra. dos Ollos Grandes

7170

María Luisa Iglesias Taboada

15004642

CPR Santa María del Mar

7196

Berta Fernández Rosón

15015603

CPR Plu. La Salle

6612

Alberto Escobar Rivas

36006717

IES Sánchez Cantón

7019

Inés María Rodríguez Naz

36011798

IES Alexandre Bóveda

6910

Jorge Boán Pérez

32008941

IES Eduardo Blanco Amor

6691

Alejandro Dopereiro Domínguez

32008941

IES Eduardo Blanco Amor

6906

Emma Pereira Arias

32008941

IES Eduardo Blanco Amor

7050

Xoel López Barata

32008513

CPR Santa Teresa de Jesús

6951

Eduardo Iraola de Acevedo

15004538

CPR Plu. Salesiano S. Juan Bosco

6987

Adrián Viéitez Torrado

36011592

IES Santa Irene

6673

Emma Fernández Galego

15011002

CPR Plu. Hijas de Cristo Rey

7052

Nieves Bayón Fernández

32009190

IES As Lagoas

6921

Ramón Garrido González

36019281

CPR Sek-Atlántico

7086

Aida Albertos Goyos

27010933

IES Dionisio Gamallo Fierros

7077

Miguel Rodríguez Raposo

15015561

CPR Manuel Peleteiro

7075

Miguel Jerónimo Múgica de Rivera

15015561

CPR Manuel Peleteiro

6522

Manuel Antonio Paradela Maceiras

15015861

IES Eduardo Pondal