Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35806

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que en execución da Sentenza 00515/2011, da Sección Primeira do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ditada no recurso de apelación 565/2010, se convoca un aspirante á realización do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de grupo xestión da función administrativa, convocado por Resolución do 18 de febreiro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 40, do 26 de febreiro), da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde.

A Resolución do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro), da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé no número 4 da base sexta que os exercicios da fase de oposición se realizarán no lugar e á hora anunciada no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de cinco días hábiles de antelación á realización do exercicio, polo que este centro directivo

RESOLVE:

Primeiro. Convocar, en execución da Sentenza 00515/2011, da Sección Primeira do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ditada no recurso de apelación 565/2010, a Pablo Solla Freire para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición na categoría de grupo de xestión da función administrativa, convocado por Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro).

Segundo. O exercicio desenvolverase no edificio administrativo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, en San Lázaro, en Santiago de Compostela, o día 28 de setembro de 2012 ás 10.00 horas, na sala 0.1.

Terceiro. O aspirante terá que ir provisto necesariamente do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro.

Queda prohibido o acceso ao lugar de realización do exame con aparellos de telefonía móbil ou soportes con memoria, e será causa de inadmisión ao chamamento a súa tenza. Advírtese que non haberá servizo de recollida de teléfonos móbiles.

Cuarto. O aspirante será convocado ao exercicio nun único chamamento e será excluído do concurso-oposición se non comparece.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2012

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos