Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35804

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 20 de agosto de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), mediante a Orde do 25 de xuño de 2012 (DOG núm. 142, do 26 de xullo), de conformidade co establecido nas súas bases quinta e sexta,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se relaciona no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 25 de xuño de 2012.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo a praza producirase no prazo de tres días, que se contarán a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino, a funcionaria está gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente presta os seus servizos a funcionaria, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. O/A xefe/a do centro en que cause baixa a funcionaria, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2012

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Lozano del Río, Ana.

NRP: 3489347957 A0014.

Grupo: A2.

Corpo/escala: corpo técnico de Facenda.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Intervención de Mercados.

Código: MR.O13.00.000.15770.037.

Nivel: 28.

Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión da PAC.

Localidade: Santiago de Compostela.