Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35800

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a funcionarios/as da escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, de conformidade co establecido no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Mediante a Resolución do 11 de xuño de 2012, publicada no DOG nº 121, do 26 de xuño, acordouse, respectivamente, a apertura de listas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a funcionarios do corpo facultativo superior de administración da Xunta de Galicia, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, e a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a súa elaboración.

A cobertura das vacantes existentes antes do comezo do curso escolar 2012-2013 determina a urxente publicación das listas.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, e logo de que a Comisión Permanente Central acordase, na súa xuntanza do día 26 de xullo de 2012, elevar a este centro directivo as listaxes correspondentes, esta Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas provisionais para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario correspondentes ás especialidades da escala que se inclúen no anexo I desta resolución, con indicación das puntuacións provisorias resultantes da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

Segundo. Declarar deserta a convocatoria da lista correspondente á especialidade de medicina subacuática e hiperbárica, por non presentarse ningunha solicitude de inclusión na devandita lista.

As listas atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe Función pública.

Nestas listas figura a seguinte información:

Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional.

Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. Os/as interesados/as disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto coas ditas reclamacións achegarase, de ser o caso:

– Documentación precisa para emendar a causa de exclusión.

– Certificación de servizos prestados na Xunta de Galicia para o mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, segundo modelo que figura como anexo II a esta resolución, que deberá ser expedida polas unidades seguintes:

– Servizos centrais:

Secretaria/o xeral, subdirector/a xeral ou xefas/es de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

– Servizos periféricos:

Xefes territoriais ou, se é o caso, funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes, dándoselles a oportuna publicidade no DOG.

No suposto de que os/as solicitantes excluídos das citadas listas non presentasen a documentación referida no parágrafo anterior, quedarán definitivamente excluídos/as.

Cuarto. A partir da publicación desta resolución no DOG, os/as solicitantes provisionalmente admitidos ou excluídos poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos, de conformidade co establecido no artigo 15.2. do Decreto 37/2006, que se encontra á súa disposición na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe de listas de contratación temporal.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)

Persoal funcionario

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

2093-03

Escala de profesores numerarios. Especialidade en navegación marítima.

A1

2093-04

Escala de profesores numerarios. Especialidade en pesca marítima.

A1

2093-07

Escala de profesores numerarios. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas

ANEXO II
Certificación de servizos prestados

(Resolución do... DOG nº..., do... de... de 201...)

Dª/D... (nome da/do funcionaria/o que certifica)

Cargo...

CERTIFICA

Que, segundo os antecedentes que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada pola/o interesada/o, da que se conserva unha copia cotexada nesta unidade, dona/don..., con DNI nº..., prestou servizos no corpo, escala, grupo e categoría e nos períodos e consellerías e/ou organismos autónomos da Xunta de Galicia que a seguir se indican:

Grupo/categoría (código)

Corpo/escala (código)

Denominación do posto

Consellería ou organismo autónomo da Xunta de Galicia

Código de posto de traballo (de ser o caso)

Descontinuo (si/non)*

Fin de semana (si/non)*

Data de inicio

Data

de fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación en..., ...de... de 201...

(sinatura)

* Notas:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2011.

– É moi importante que no caso de postos descontinuos ou de fin de semana se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.