Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2005/0653-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente nº: RL 2005/0653-4.

Acta nº: 1339/2005.

Empresa: Xescon 2004, S.L.

NIF: B-36473007.

Enderezo: Andrés Muruais, 8, 3º C, Pontevedra.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14, 16, 19 e 24 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, en relación cos artigos 7 e 11 e anexo IV, parte A.11, parte C.7.c) e d) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro e artigo 3 e anexo I.A), 2.3, 4, e 5.1, 4, 7 do Real decreto 486/1997, do 14 de abril, e artigos 11, 12 e 13 do Real decreto 171/2004, do 30 de xaneiro.

Preceptos sancionadores: artigos 39.3.a), c), e) e g) e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 27.7.2012.

Resolución: anular a acta de infracción, sen prexuízo de que se a infracción non prescribiu, a Inspección de Traballo e Seguridade Social poida estender unha nova acta polos mesmos feitos.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 27 de agosto de 2012

P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa