Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, pola que se dá publicidade á aprobación de unidades de admisión e a súa inclusión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

As publicacións do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución e a do Real decreto 1220/2011, do 5 de setembro, polo que modifica o Real decreto 289/2003, incorporan á nosa lexislación nacional a Directiva 1999/105/CE do Consello, do 22 de decembro de 1999, sobre a comercialización dos materiais forestais de reprodución que refunde e actualiza toda a normativa anterior para o efecto.

No punto 1 do artigo 3 do Real decreto 289/2003, antes mencionado, establécese que para a produción de materiais forestais de reprodución destinados á comercialización, se utilizarán unicamente materiais de base autorizados.

O punto 2 do mesmo artigo di que os materiais de base só poderán obter a condición de autorizados se garanten as exixencias establecidas nos anexos II, III, IV ou V, segundo se trate da produción de materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados ou controlados, respectivamente, e se están referidos a unha unidade denominada unidade de admisión, que estará identificada mediante unha única referencia no correspondente rexistro.

Así mesmo, o punto 2 do artigo único do Real decreto 1220/2011 que modifica o punto 3 do artigo 3 do Real decreto 289/2003, indica que a autorización dos materiais de base para a produción dos materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados e controlados, a efectuará o órgano competente da respectiva comunidade autónoma, que en Galicia é a Consellería do Medio Rural e do Mar, quen comunicará os ditos materiais de base á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

O artigo 3 do Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, recolle que se deberá solicitar autorización dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución para a súa comercialización con destino á selvicultura, á Dirección Xeral de Montes, como órgano competente da Administración da comunidade autónoma nesta materia, quen resolverá de acordo co artigo 4 do mencionado decreto.

Segundo o artigo 1.3 do Decreto 135/2004, a Dirección Xeral de Montes procederá á inscrición do material de base autorizado no Rexistro Galego de Materiais de Base.

O artigo 13.1 do Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e do Fondo de Garantía Agrícola recolle as funcións da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes.

En consecuencia, realizada a comprobación do cumprimento dos requisitos mínimos para a autorización dos materiais de base destinados á produción de materiais de reprodución das categorías identificado, seleccionado e cualificado, conforme o disposto nos anexos II, III e IV, respectivamente, do Real decreto 289/2003, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia e demais normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, mediante a Resolución do 11 de xullo do 2012, procedeu á autorización de tres unidades de admisión da categoría «material identificado» de Quercus robur L.; dunha unidade de admisión da categoría «material seleccionado» de Pseudotsuga menziesii Franco.; dunha unidade de admisión da categoría «material seleccionado» de Quercus rubra L.; dunha unidade de admisión da categoría «material cualificado» de Prunus avium L. e de sete unidades de admisión da categoría «material cualificado» de Híbridos artificiais de Castanea sativa Mill. no territorio da Comunidade de Galicia que aparece relacionado no anexo desta orde, así como á súa inscrición no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Especie: Quercus robur L.


rex.

Código galego

Código

estatal

Localización

Pertenza

Provincia

Concello

Solicitante

autorización do material de base

Lonxitude

Latitude

Alt.

(m)

Superficie (ha)

Cat. MFR

Tipo MB

Autenticidade

MB

189

ES/27/qro/1/01/1/1/1

FS-41/01/27/007

Pazo de Cartelos - Cartelos

Particular

Lugo

Carballedo

Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes

7º50´00´´O

42º34´00´´N

600

45,00

I

FS

Autóctono

190

ES/15/qro/1/01/1/1/1

RS-41/01/15/003

Casa do Gado (Pazo)

Particular

A Coruña

Sobrado

Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes

8º00´00´´O

43º02´00´´N

480

12,00

I

FS

Autóctono

191

ES/36/qro/1/01/1/1/1

RS-41/01/36/003

Cachafeiro

Municipal

Pontevedra

Forcarei

Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes

8º19´00´´O

42º34´00´´N

580

1,10

I

FS

Autóctono

Especie: Pseudotsuga menziesii Franco.

Nº rex.

Código galego

Código

estatal

Localización

Pertenza

Provincia

Concello

Solicitante

autorización do material de base

Lonxitude

Latitude

Alt. (m)

Superficie (ha)

Cat. MFR

Tipo MB

Autenticidade MB

192

ES/36/pme/2/01/2/2/2

RS-34/01/36/001

Monte Agüeiros,

núm. 1 UP

Arosa

Entidade Local Menor de Arcos da Condesa

Pontevedra

Caldas de Reis

Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes

8º37´17´´O

42º35´34´´N

220

1,50

S

RS

Non autóctono

Especie: Quercus rubra L.

Nº rex.

Código
galego

Código

estatal

Localización

Pertenza

Provincia

Concello

Solicitante

autorización do material de base

Lonxitude

Latitude

Alt. (m)

Superficie (ha)

Cat. MFR

Tipo MB

Autenticidade MB

193

ES/32/qru/2/05/2/2/2

RS-48/05/32/001

Rouso - Trandeiras

Particular

Ourense

Xinzo de Limia

Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes

7º39´42´´O

42º6´42´´N

620

1,78

S

RS

Non autóctono

Especie: Prunus avium L.

Nº rex.

Código galego

Código estatal

Nome clon

Solicitante autorización domaterial de base

Cat. MFR

Tipo MB

194

ES/-/pav/3/-/5/2/2

CL-Q-95/Lourizán-2

Lourizán-2

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

Subdirección Xeral de Innovación e Experimentación Agroforestal

Cualificado

Clon

Especie: Híbridos artificiais de Castanea sativa Mill.

Nº rex.

Código galego

Código estatal

Nome clon

Solicitante autorización do material de base

Cat. MFR

Tipo MB

195

ES/-/csa/3/-/5/2/2

CL-Q-721/Maceda_C003

Maceda_C003

Tragsa, S.A. – Viveiro de Maceda

Cualificado

Clon

196

ES/-/csa/3/-/5/2/2

CL-Q-721/Maceda_C004

Maceda_C004

Tragsa, S.A. – Viveiro de Maceda

Cualificado

Clon

197

ES/-/csa/3/-/5/2/2

CL-Q-721/Maceda_C042

Maceda_C042

Tragsa, S.A. – Viveiro de Maceda

Cualificado

Clon

198

ES/-/csa/3/-/5/2/2

CL-Q-721/Maceda_C053

Maceda_C053

Tragsa, S.A. – Viveiro de Maceda

Cualificado

Clon

199

ES/-/csa/3/-/5/2/2

CL-Q-721/Maceda_P011

Maceda_P011

Tragsa, S.A. – Viveiro de Maceda

Cualificado

Clon

200

ES/-/csa/3/-/5/2/2

CL-Q-721/Maceda_P042

Maceda_P042

Tragsa, S.A. – Viveiro de Maceda

Cualificado

Clon

201

ES/-/csa/3/-/5/2/2

CL-Q-721/Maceda_P043

Maceda_P043

Tragsa, S.A. – Viveiro de Maceda

Cualificado

Clon

Alt.: altitude.

Cat.: categoría.

MFR: material forestal de reprodución.

MB: material de base.

I: material identificado.

S: material seleccionado.

CU: material cualificado.

FS: fonte sementeira.

RS: mouteira selecta.