Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36551

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Baña

ANUNCIO polo que se fai pública a solicitude de licenza municipal para construción integral de infraestruturas e actividade para EB e GSM en Vilar (Marcelle).

Solicitada nesta alcaldía por Teléfonica Móviles, S.A., licenza municipal para construción integral de infraestruturas e actividade para EB e GSM, no lugar de Vilar, parroquia de Marcelle, e en cumprimento do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no BOP e no DOG, coa finalidade de que durante este tempo poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

A Baña, 5 de xullo de 2012

José Andrés García Cardeso
Alcalde