Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36552

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre a convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 157, do 9 de xullo de 2008, publicáronse as bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

Estas bases xerais foron modificadas por acordo da Xunta de Goberno Local e publicada esta modificación no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 51, do 4 de marzo de 2009.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 177, do 2 de agosto de 2012, publicáronse resolucións das bases específicas e convocatorias que rexerán xunto coas anteriores bases xerais, os seguintes procedementos selectivos:

Persoal funcionario:

– Resolución 12006223. 1 praza de auxiliar administrativo/a encadrada na escala de Administración xeral; subescala auxiliar; grupo de titulación C, subgrupo C2. Sistema selectivo: oposición.

– Resolución 12006224. 1 praza de celador/a colexio público encadrada na escala de Administración especial; grupo de titulación: agrupacións profesionais. Sistema selectivo: oposición.

A dita resolución foi modificada pola Resolución 12006961, do 22 de agosto de 2012, publicada no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 196, do 25 de agosto de 2012.

– Resolución 12006225. 1 praza de oficial condutor/a encadrada na escala de Administración especial; subescala de servizos especiais; grupo de titulación C, subgrupo C2. Sistema selectivo: oposición.

– Resolución 12006226. 1 praza de enxeñeiro/a técnico/a topógrafo/a encadrada na escala de Administración especial; subescala técnica; clase media; grupo de titulación A, subgrupo A2. Sistema selectivo: oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación de este anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 27 de agosto de 2012

Sonia Méndez García
Alcaldesa en funcións