Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36554

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación de vacún de leite.

Amador Botana Botana en representación de Ganadería Botana Vigo, S.C. solicita licenza municipal para a ampliación de explotación de vacún de leite no lugar de Mata, nº 1, parroquia de Xanceda, no termo municipal de Mesía. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Boletín Oficial da provincia, Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considerarase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio.

O expediente estará á disposición do público na Secretaría do concello, durante as horas de oficina.

Mesía, 20 de agosto de 2012

Mariano Iglesias Castro
Alcalde