Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo convocado por Resolución do 31 de maio de 2012 (DOG do 21 de xuño) para a provisión, dunha praza mediante o sistema de libre designación.
Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución do 16 de xaneiro de 2012, resolve facer pública a adxudicación do referido posto do xeito que se indica:
Nº de posto |
Denominación |
Centro |
Apelidos e nome |
Nº de rexistro persoal |
09 |
Letrado/a asesor/a |
Secretaría xeral |
Castroviejo Ojea, Cristina Julia |
3283465135A2060 |
A persoa interesada deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo).
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados a partir da publicación desta resolución, de acordo co previsto na Lei reguladora da dita xurisdición.
A Coruña, 3 de setembro de 2012
Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña