Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37212

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 176/2012, interposto pola Asociación Profesional de Inspectores Urbanísticos de Galicia e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 176/2012, interposto pola Asociación Profesional de Inspectores Urbanísticos de Galicia, Jesús Martínez López, Iria María Alfonsín Coejo, María Eugenia Deus Beltrán, Hipólito José Ramón Pérez Novo, María Pilar Díaz Herrera e María Carmen Ponte Taboada, contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de marzo polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, publicado no DOG nº 71, do 13 de abril de 2012, publicación aprobada por Resolución do 30 de marzo de 2012.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública