Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37590

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 11 de setembro de 2012 pola que se fixa o prezo de venda ao público da publicación: Guía de práctica clínica de prevención y tratamiento de la conducta suicida. Versión resumida.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada pola Consellería de Sanidade que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, de ser o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2012

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Guía de práctica clínica de prevención y tratamiento de la conducta suicida. Versión resumida: 10 euros.