Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37656

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, que modifica a Resolución do 28 de agosto de 2012 (DOG número 177, do 17 de setembro), pola que se publican as listas definitivas de persoas aspirantes admitidas, co número de orde e puntuación, con respecto ao proceso de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais nas diversas categorías sanitarias de formación profesional (persoal técnico superior) no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

En aplicación do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que lles permite ás administracións públicas rectificar en calquera momento os erros materiais, aritméticos ou de feito existentes nos seus actos, advertido erro nos resultados das listas publicadas pola Resolución do 28 de agosto de 2012, en canto que se detectou un erro na aplicación dos méritos dos solicitantes, sendo este un erro material ou de cómputo aritmético, acórdase proceder a incorporar a citada información e rectificar a puntuación, e publicar de novo os resultados e as listas anunciadas pola citada Resolución do 28 de agosto de 2012.

Tendo en conta o anterior, ábrese novo prazo de recurso, contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

Contra as listas definitivas co número e a orde de puntuación, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante o xulgado contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2012

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos