Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (484/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 484/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Lage Reyes contra a empresa Técnicas Constructivas Gallegas, S.L., e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Alejandro Lage Reyes, con DNI 79333987H, contra a empresa Técnicas Constructivas Gallegas, S.L. (Tecoga), debo declarar e declaro que esta procede, e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 3.740,75 euros.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberán anunciar mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado aberta en Banesto 1531-60, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 34) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Técnicas Constructivas Gallegas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de setembro de 2012

A secretaria xudicial