Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 38034

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do extracto da convocatoria, bases xerais e específicas que rexerán o proceso para a selección dun técnico superior bibliotecario do cadro de persoal funcionario, reservada a promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 114, do 19 de maio de 2012, e no 220, do 22 de setembro, publícanse a convocatoria, as bases xerais e as bases específicas para prover a seguinte praza:

Número de vacantes: unha. Denominación: técnico superior bibliotecario, escala de Administración especial, subescala servizos especiais, prazas de cometidos especiais. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna. Grupo A, subgrupo A2.

Presentación de solicitudes: presentaranse nos modelos oficiais que se facilitarán no Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Lugo.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral desta entidade ou nos lugares determinados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Dirixiranse ao presidente da Deputación Provincial de Lugo.

Prazo de presentación: vinte días naturais contados a partir do día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Lugo e/ou no taboleiro de edictos desta corporación.

Lugo, 27 de setembro de 2012

P.D. (Decreto 2228/2012)
Lara Méndez López
Presidenta da Deputación Provincial
de Lugo


José Antonio Mourelle Cillero
Secretario da Deputación Provincial
de Lugo