Por acordo do Pleno corporativo adoptado en sesión ordinaria do 31.8.2012, aprobouse definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para cuberta e instalacións deportivas en Entenza (Salceda de Caselas), promovido pola Comunidade de Montes de Entenza, o que se publica para os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Antecedentes.
O Concello de Salceda de Caselas conta, actualmente vixentes, cunhas normas subsidiarias de planeamento municipal aprobadas o 28.2.1997.
O presente Plan especial de infraestruturas e dotacións foi aprobado inicialmente por Decreto da Alcaldía o 26.8.2011.
Foi sometido a información pública mediante anuncios nos xornais La Voz de Galicia do 7.9.2011 e Diario Atlántico do 8.9.2011, así como no Diario Oficial de Galicia nº 176, do 14.9.2011, constando informe emitido o 28 de outubro pola encargada do Rexistro do Concello, segundo o cal non se presentaron reclamacións entre o 14 de setembro e o 14.10.2011.
En cumprimento da lexislación sectorial vixente, solicitáronse e emitíronse os seguintes informes:
a) Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 17.6.2011, sobre a non necesidade de avaliación ambiental estratéxica (DOG nº 139, do 20 de xullo).
b) En materia de augas, informe favorable da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño do 29.9.2011.
Emitíronse informe técnico e xurídico municipal previos á aprobación provisional con datas 13 de xullo de 2011 e 8 de novembro de 2011, respectivamente.
O Plan especial foi aprobado provisionalmente por Decreto da Alcaldía do 9.11.2011.
Emitiuse informe previo e preceptivo da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, con data do 3.1.2012, en que se sinala que, de ser o caso, exixirase da tramitación da correlativa modificación puntual das NSM, que estableza os parámetros edificatorios de aplicación nos ámbitos cualificados como equipamento dentro dos núcleos rurais delimitados, e que deberá gardar sintonía co réxime do solo de núcleo establecido nos artigos 25 a 29 da LOUG.
Emitiuse informe da arquitecta e informe xurídico con datas de 15.3.2012 e 20.3.2012, respectivamente, nos cales se pon de manifesto a existencia de parámetros urbanísticos que supera a edificación proposta.
En sesión plenaria extraordinaria do 27 de marzo de 2012 acordouse adoptar a medida excepcional prevista no punto 5.7 SS.4.3 das normas subsidiarias de planeamento de Salceda de Caselas para o equipamento proposto, xa que o equipamento supera os límites da ordenanza aplicable nos parámetros sinalados no informe técnico do 15.3.2012.
Emitiuse informe previo e favorable á aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para cuberta de instalacións deportivas no lugar de Entenza, emitido pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) con data do 30 de xullo de 2012, con rexistro de entrada no Concello o 2 de agosto de 2012 (nº 4511).
Na sesión plenaria ordinaria do 31 de agosto de 2012, o Pleno da Corporación, como órgano competente para a aprobación definitiva en virtude dos artigos 22.2.c) e 47.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, adoptou os seguintes
ACORDOS:
Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para cuberta de instalacións deportivas no lugar de Entenza (concello de Salceda de Caselas) promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Entenza, aprobado inicialmente por Decreto de Alcaldía 283/2011, do 26 de agosto de 2011, e provisionalmente por Decreto da Alcaldía 371/2011, do 9 de novembro de 2011.
Segundo. O Plan especial, en virtude do artigo 92 da LOUGA, terá vixencia indefinida, sen prexuízo da súa modificación e revisión.
Terceiro. Este acordo de aprobación definitiva será publicado, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia, e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas será publicado no Boletín Oficial da provincia. No anuncio de aprobación definitiva farase constar a remisión da documentación á consellería, tal e como se establece no punto cuarto deste acordo.
Cuarto. Como a competencia para a aprobación definitiva do Plan especial lle corresponde ao Concello de Salceda de Caselas, a aprobación definitiva será comunicada á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, á vez que se lle dará traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o Plan especial, debidamente dilixenciados pola Secretaría do Concello, facendo constar a devandita circunstancia.
Quinto. A eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do Plan quedan condicionadas ao cumprimento do disposto no artigo 92 da LOUGA e ao que dispoña para o efecto a lexislación reguladora da Administración actuante. Neste sentido, o artigo 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, sinala que o articulado das normas dos plans urbanísticos, así como os acordos correspondentes aos devanditos plans urbanísticos cuxa aprobación definitiva sexa competencia dos entes locais, serán publicados no BOP e non entrarán en vigor ata que se publique completamente o seu texto e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da propia lei (quince días hábiles).
Salceda de Caselas, 3 de setembro de 2012
(Decreto 286/2012)
Marina Cabaleiro Fernández
Primeira tenente de alcalde en funcións de alcalde

