Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 38030

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Páramo

ANUNCIO de información pública relativo a unha corte de vacún de leite e fosa de xurro.

Martín Fernández López solicitou a esta Alcaldía licenza municipal para ampliación de corte de vacún de leite e fosa de xurro para situar na Veiga, A Torre.

Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, a fin de que durante este período –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

O Páramo, 31 de agosto 2012

Gumersindo A. Rodríguez Liz
Alcalde